=> Error en consulta : Duplicate entry '3900831' for key 1


INSERT INTO sph_indexaciones (idaplicacion,idtipopantalla,idconcepto,navegador, ip,parametros,sph_idioma,sph_proyecto,sph_usuario,sph_grupo,fecha) VALUES ('1318','4','0','browser_name=, version_number=1.0, ie_version=, dom_browser=, safe_browser=, os=, os_number=, s_browser=ccbot, type=bot, math_version_number=1.0', '38.107.191.85','sph=a_iap=1318%%p_rpp=1%%s_idm=2','0','0','0','0','2010-09-10 00:27:27');
Porto de Vigo (Funcións de Medio Ambiente)

Control e vixilancia diaria da zona de servizo portuario co fin de detectar calquera eventualidade de carácter ambiental


Diariamente, persoal de Medio Ambiente realiza roldas de inspección ambiental por toda a zona de servizo portuario. Conta, ademais, coa colaboración do servizo da Policía Portuaria para os labores de control ambiental.

 

 

 

 


Control e vixilancia diaria da zona marítima


Persoal da Autoridade Portuaria realiza roldas de inspección marítima e beira de litoral, inspeccionando ambas marxes da Ría de Vigo. Esta embarcación ten tamén entre as súas funcións o apoio nos labores de loita contra a contaminación, despregando material absorbente, barreiras portuarias, etc. 


 

 

 


 

Autorización de subministración de combustible a buques desde camión cisterna ou instalación fixa


A Autoridade Portuaria estableceu unha serie de directrices encamiñadas á prevención e protección ambiental. No exercicio 2005, subministráronse máis de 134 millóns de litros de combustible no Porto de Vigo.

 

 

 

  

Autorización de subministración de aceite lubricante a buques

 

Outra das operacións diarias no Porto de Vigo é a subministración de aceites lubricantes coas debidas instrucións de servizo e modelos de solicitude. Durante o exercicio 2005 subministráronse máis de 1.800.000 litros de aceite lubricante.

 

 


 

Autorización de operacións de limpeza de buques en flotación


En ocasións, solicítanse autorizacións para pequenos traballos de pintura e limpeza de casco en flotación. Medio Ambiente da Autoridade Portuaria fixa os requisitos necesarios para prevenir calquera derramamento á lámina de auga durante este tipo de operacións.

 

 

 

 

Autorización de chorreo interior de buques en flotación


Para os traballos de chorreo interior de buques establécense as directrices necesarias para evitar calquer vertido accidental á superficie da auga, como a obrigación de protexer con dobre toldo a zona para evitar proxeccións á auga, horario diurno para os labores, sistema de limpeza eficaces.

 

 

 

 

 

Elaboración de guías de boas prácticas para operacións susceptibles de provocar episodios de contaminación ambiental.

  • Guía de boas prácticas para a xestión de refugos xerados polos buques e os residuos de carga (Residuos Marpol)
  • Guía de boas prácticas para a reparación e chorreo de buques en flotación e en varadoiro
  • Guía de boas prácticas para o uso do punto verde de recepción de residuos MARPOL
  • Guía de boas prácticas para a subministración de combustible e aceite lubricantes a buques
  • Guía do plan de continxencias do Porto de Vigo

 

 

 

 

 


Coordinación das operacións de contención de vertidos e accidentes marítimos 


O persoal da Autoridade Portuaria está disponible as 24 horas do día, 365 días ao ano para actuar ante calquera continxencia ambiental na Ría de Vigo.
Operacións de loita contra a contaminación en vertidos ocasionados por hidrocarburos, augas residuais, accidentes marítimos, etc. 
 

 

 

 

 

 

 

Elaboración de informes ante calquera incidente de carácter ambiental 

 

Coa creación de novos protocolos e instrucións que teñen como obxectivo minimizar calquera tipo de continxencia de carácter ambiental, a Autoridade Portuaria conseguiu reducir notablemente o número de episodios de contaminación. 

 

 

 

 

 

 

Elaboración de actas de denuncia fronte a infraccións de carácter ambiental


Sancións: A Autoridade Portuaria procede a apertura de expediente sancionador ante calquera incumprimento das instrucións ambientais e/ou contaminación do medio. A cantidade económica destas sancións foi en aumento progresivamente ata chegar á fixación para a sanción mínima de 6.000€ no ano 2005, reflexo da maior importancia que vai adquirindo a conservación do medio.   

 

 

 

 

 

Colaboración con outras administracións e/ou entidades en materia ambiental


A Autoridade Portuaria de Vigo colabora de forma continua coas seguintes administracións e institucións: 

  • Concellos, Augas de Galicia: participacións en mesas de traballo para a mellora na calidade das augas da Ría de Vigo, autorización e control de vertidos, etc.
  • SEPRONA: A Autoridade Portuaria de Vigo colabora estreitamente coa unidade de protección ambiental da Garda Civil ante calquera incidencia de agresión ao medio.
  • Instituto de Investigacións Mariñas: con este organismo a Autoridade Portuaria leva a cabo numerosos proxectos de investigación, principalmente en canto a controis analíticos de vertidos.
  • CETMAR: colaboración directa da Autoridade Portuaria con este organismo en multitude de proxectos de I+D+I de carácter ambiental.
  • Asociacións protectoras de animais, aves e cetáceos para cando aparecen no Porto de Vigo.
  • SASEMAR e Capitanía Marítima: en operacións de loita contra a contaminación e activación do Plan de Continxencias.
  • Empresas concesionarias: realización de simulacros e activación de Plans de Continxencias.

 

 

 

 

 

Actualización e execución do Plan Interior de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental


A Autoridade Portuaria de Vigo e o CETMAR elaboraron o Plan de Continxencias do Porto de Vigo que reflicte as situacións de derramento accidental en tres niveis diferenciados en canto a volume. Divídese en tres tomos:

 

      • Plan de Continxencias do Porto de Vigo
      • Condicións ambientais na zona de influencia
      • Estudo do efecto de posibles vertidos e análise da súa evolución

 

 

 

 

Coordinación dos Plans de Continxencias das concesións (subministradores de combustibles, estaleiros, frigoríficos, empresas de reparación naval)


A Autoridade Portuaria de Vigo supervisa o cumprimento dos respectivos Plans de Continxencias das diferentes concesións do Porto de Vigo, a máis de coordinar as operacións de loita contra a contaminación que teñan de levar a cabo ditos concesionarios.  

 


 

 

Actualizar e executar o Plan de Recepción e Manipulación de Refugos de Buques


A Autoridade Portuaria elaborou o Plan de Recepción de Residuos MARPOL que trata de xestionar de forma eficaz o servizo de Recepción de Residuos procedentes de buques (MARPOL) no Porto de Vigo.

 


 

 

Ademais, deseñouse e púxose en funcionamento un pioneiro servizo de “Punto Verde” para a
a recepción selectiva de refugos procedentes de buques (residuos oleosos, filtros de aceite, pilas eléctricas, cebos fluorescentes e latas), o que facilita a súa descarga. 

 

 

 

 

Colaboración e control dos concesionarios no cumprimento da lexislación ambiental

(Eliminación das PCB das concesións, autorización dos vertidos de todas as concesións do Porto)


A Autoridade Portuaria colabora activamente con todas as concesións e autorizacións para que estas alcancen os requisitos que fixen as novas Leis e Directivas ambientais, co fin de conseguir un alto grao de protección ambiental para o Porto de Vigo e a súa ría.  

 


 


Control do cumprimento das avaliacións de impacto ambiental en novas obras


A Autoridade Portuaria executa un control directo sobre as novas obras e proxectos que se realizan no ámbito do Porto de Vigo, comprobando que se cumpran en todo o momento os requisitos esixidos pola Evaluación de Impacto Ambiental ( EIA ), co obxectivo de evitar calquera tipo de episodio de contaminación ocasionado por ditas obras.

 

 

© Autoridade Portuaria de Vigo :: Praza da Estrela, 1, 36201, Vigo :: Tfno. +34 986 268 000 :: Fax +34 986 268 001 :: apvigo@apvigo.es